O MAR, O MAR, OS SIGNOS ESTELARES, A DILATADA NOITE.
TEMPESTADE DE VERÁN/ E A GRAN LÚA DE AGOSTO. O MAR, ESA
VIAXE E A AREA QUE PISAMOS. O MAR,/ A CRISE, A CONTINUA
CADENCIA ONDE SE ESCOITA A VIDA./ O MAR, O MAR, NIN OUTRA
COUSA QUERO.
Ninguén esta perdida nesa hora
cando o vento sopra
e hai unha lúa vertical, noviña,
que envolve de misterio os perfís.
Memoria,
emisaria do mar,
que nos mantén un cheiro de recordo:
Algo de nós,
pureza de altos días
mentres camiño pola vasta area
e penso no amor
que sempre se comenza nunha praia.
Xohana Torres, Olas atlánticas
TEMPESTADE DE VERÁN/ E A GRAN LÚA DE AGOSTO. O MAR, ESA
VIAXE E A AREA QUE PISAMOS. O MAR,/ A CRISE, A CONTINUA
CADENCIA ONDE SE ESCOITA A VIDA./ O MAR, O MAR, NIN OUTRA
COUSA QUERO.
Ninguén esta perdida nesa hora
cando o vento sopra
e hai unha lúa vertical, noviña,
que envolve de misterio os perfís.
Memoria,
emisaria do mar,
que nos mantén un cheiro de recordo:
Algo de nós,
pureza de altos días
mentres camiño pola vasta area
e penso no amor
que sempre se comenza nunha praia.
Xohana Torres, Olas atlánticas
Imagen: rio Tejo, Lisboa
1 comentario:
Confieso que me ha estremecido el poema...ese dibujo de la memoria desde el mar que va y viene constantemente...es precioso...
un beso
Publicar un comentario